InicioOccidentalViveiroViveiro convoca o VIII Premio de Novela Vilar Ponte

Viveiro convoca o VIII Premio de Novela Vilar Ponte

No Premios de Novela Vilar Ponte poderán participar persoas maiores de idade que presenten novelas orixinais e inéditas, escritas en galego e que non fosen premiadas noutros certames

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro ven de convocar a oitava edición do Premio de Novela Vilar Ponte, un certame literario que pretende darlle pulo á narrativa en lingua galega. O concurso establece dous galardóns: un primeiro premio dotado con 4.000 euros e un segundo premio de 1.000 euros.

No Premios de Novela Vilar Ponte poderán participar persoas maiores de idade que presenten novelas orixinais e inéditas, escritas en galego e que non fosen premiadas noutros certames. A temática e a extensión son libres. Cada autor ou autora poderá presentar unha única obra.

As novelas deberán presentarse por cuadriplicado, mecanografadas a dobre espazo en follas DIN A4, e asinadas cun lema ou pseudónimo. Xunto aos exemplares que se presenten, incluirase un sobre pechado no que figure no exterior o mesmo lema ou pseudónimo e, no interior, os datos persoais e de contacto do autor ou autora, unha breve nota biográfica e unha declaración de aceptación das bases.

Os orixinais deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Viveiro, na Praza Maior s/n, 27850 Viveiro, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios previstos na normativa vixente. O prazo de presentación remata o 30 de xuño.

O xurado estará composto por persoas de recoñecida competencia no ámbito da literatura e da crítica. O fallo farase público no mes de outubro. Ademais, o premio poderá declararse deserto e a decisión do xurado será inapelable.

As obras presentadas e que non resulten premiadas serán destruídas. As que sexan premiadas quedarán en poder do Concello de Viveiro. A autoría e os dereitos das obras premiadas pertencen aos autores, que deberán facer constar que gañaron o premio en futuras edicións, publicacións ou difusións.

As bases completas do VIII Premio de Novela Vilar Ponte poden consultarse na web viveiro.gal.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...