InicioOccidentalViveiroFinaliza o traballo de mellora do saneamento en Celeiro

Finaliza o traballo de mellora do saneamento en Celeiro

A actuación, cun investimento de 39.994,17 euros financiado integramente por Augas de Galicia, permitiu anular un colector en mal estado e instalar unha nova condución pola calzada e a beirarrúa

Publicada o

- Advertisement -

As obras de mellora do saneamento en Celeiro, na zona de Catro Camiños, veñen de rematar. A actuación responde á necesidade de resolver as deficiencias dun colector de saneamento en uso que cruzaba varias parcelas e que presentaba un estado de funcionamento moi deficiente.

Co obxectivo de corrixir esta situación, proxectouse a anulación do colector existente e a instalación dun novo colector pola calzada e pola beirarrúa, co que se garantiu unha infraestrutura máis accesible para o mantemento e máis adecuada para o servizo.

O importe total da actuación foi de 39.994,17 euros. A execución das obras foi posible grazas ao convenio asinado entre o Concello de Viveiro e Augas de Galicia, no que a entidade autonómica asumiu o custe íntegro dos traballos.

Os traballos realizados incluíron a demolición do firme existente na beirarrúa e na calzada, a escavación con medios mecánicos, a instalación de novas canalizacións de PVC de 315 e 200 milímetros de diámetro, a construción de pozos de rexistro e arquetas, a execución de acometidas de saneamento, así como a reposición final do firme e das beirarrúas.

O Concello destaca que esta intervención permite mellorar o funcionamento da rede de saneamento e resolver unha situación que xeraba problemas recorrentes, reforzando a calidade do servizo na zona de Celeiro.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...