InicioPolíticaO PP reclama ao Goberno ampliar o prazo para a consulta pública...

O PP reclama ao Goberno ampliar o prazo para a consulta pública do Regulamento Xeral de Costas

Así o anunciaron hoxe en Viveiro os deputados populares, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, durante unha xuntanza con alcaldes da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclaman ao Goberno central que amplíe o prazo da consulta pública previa sobre a modificación do Regulamento Xeral de Costas, así como que achegue “información clara, detallada e transparente sobre o alcance real da reforma proposta”.

Así o anunciaron hoxe en Viveiro os deputados populares, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro, durante unha xuntanza con alcaldes da Mariña.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, considera insuficiente o prazo de 15 días establecido polo Goberno central para un asunto de tanta relevancia, que afecta directamente á actividade económica, ao emprego e á estabilidade de milleiros de familias vinculadas ao sector marítimo e pesqueiro.

Non se pode abordar unha modificación normativa destas dimensións sen diálogo real nin tempo suficiente para que os sectores implicados poidan analizar as consecuencias e presentar alegacións con rigor”, explicou.

O voceiro popular advirte de que a falta de información sobre o contido exacto da reforma e sobre as esixencias derivadas da Unión Europea xera incerteza e preocupación nun sector estratéxico para a economía da provincia. “Calquera cambio nas condicións das concesións ou nos usos do litoral debe garantir estabilidade e seguridade xurídica, elementos imprescindibles para manter investimentos, emprego e actividade produtiva”, afirmou.

Antonio Ameijide destaca que o sector do mar constitúe un dos principais motores económicos da provincia, sustentando milleiros de postos de traballo directos e indirectos e contribuíndo á cohesión social das zonas costeiras. Por iso, “unha actuación responsable por parte do Goberno central, baseada no consenso, na transparencia e no respecto ao tecido produtivo é fundamental”.

O Grupo Provincial Popular reafirma así o seu compromiso coa defensa activa do sector marítimo e pesqueiro, das empresas, dos traballadores e das familias que viven do mar, apostando por un modelo que compatibilice a protección ambiental co desenvolvemento económico e social do litoral.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...