InicioOccidentalViveiroConvenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O acordo regula a colaboración na vixilancia e control do estacionamento no dominio público portuario e terá unha vixencia de 15 anos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a vixilancia e ordenación do tráfico na rúa do Porto, no ámbito do dominio público portuario do Porto de Celeiro. O acordo enmárcase na necesidade de mellorar a convivencia entre a circulación de vehículos, o estacionamento e a actividade diaria nunha zona de especial intensidade de uso.

O convenio establece que o Concello poderá exercer, a través da Policía Local e respectando as competencias de Portos de Galicia, funcións de control, ordenación e coordinación do tráfico terrestre e do aparcamento na zona portuaria obxecto do acordo. Inclúese a facultade sancionadora en materia de tráfico e circulación viaria nos viarios abertos á circulación xeral e o servizo municipal de retirada de vehículos, cando proceda. Estas actuacións desenvolveranse durante todo o ano e as 24 horas do día mentres o convenio estea vixente.

O documento recolle tamén a creación dunha comisión mixta de seguimento e control, que se constituirá no prazo de quince días desde a sinatura co obxectivo de impulsar e avaliar o cumprimento do convenio e propoñer solucións ante posibles controversias na súa aplicación.

En canto á duración, o acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e estenderase por un período de 15 anos que poderá prorrogarse por acordo expreso das partes. O convenio fixa, ademais, as causas de extinción e o réxime de publicidade e transparencia aplicable.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...