InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O obxectivo principal desta acción é proporcionar información detallada sobre persoas, vivendas e edificacións. Para este fin, o INE seleccionou unha mostra en Viveiro composta por 97 vivendas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística (INE) en Lugo comunicou a realización, dentro do programa de enquisas dirixidas aos fogares, da Enquisa de Características Esenciais da Poboación e as Vivendas 2026. O obxectivo principal desta acción é proporcionar información detallada sobre persoas, vivendas e edificacións. Para este fin, o INE seleccionou unha mostra en Viveiro composta por 97 vivendas.

A enquisa será realizada pola empresa SIGMADOS S.L., polo que persoal desta entidade, debidamente identificado, poñerase en contacto cos fogares seleccionados para cumprimentar o cuestionario. Ademais, as vivendas incluídas na mostra recibirán unha carta informativa na que se lles comunicará a súa selección para participar.

O Concello lembra que a información facilitada polos fogares é confidencial e está protexida polo segredo estatístico, de acordo coa Lei 12/1989, do 9 de maio, da Función Estatística Pública.

Para máis información sobre esta operación estatística, pódese consultar a web do INE. Tamén se pode contactar coa Delegación Provincial do INE en Lugo (Rúa Doutor García Portela, 19, 27002 Lugo; teléfono 982 284 600).

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...