InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro lanza a súa canle de Whatsapp para enviar...

O Concello de Viveiro lanza a súa canle de Whatsapp para enviar notificacións á cidadanía

A través da canle, as persoas subscritas poderán recibir información actualizada sobre avisos urxentes e incidencias, como cortes de tráfico, así como a programación de festas e eventos culturais, e contidos de interese sobre axudas, emprego e formación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de poñer en marcha a súa canle oficial de WhatsApp, unha ferramenta de comunicación directa coa veciñanza que permitirá o acceso de maneira sinxela, cómoda e privada ás principais novidades do municipio.

A través da canle, as persoas subscritas poderán recibir información actualizada sobre avisos urxentes e incidencias, como cortes de tráfico, así como a programación de festas e eventos culturais, e contidos de interese sobre axudas, emprego e formación.

O obxectivo da iniciativa é facilitar que a cidadanía estea informada en tempo real e mellorar a difusión dos servizos e actividades municipais. Por iso empregarase un formato accesible e de uso cotián.

As persoas interesadas poden unirse á canle cficial do Concello de Viveiro, a través da ligazón: https://whatsapp.com/channel/0029VbBurFW0gcfM4Vn61O0t. No caso de Instagram, a ligazón tamén está dispoñible na biografía do perfil municipal.

O Concello lembra que, unha vez dentro da canle, é recomendable activar as notificacións premendo na icona da campá para recibir os avisos no momento en que se publiquen.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...