InicioOccidentalViveiroViveiro celebrará o seu pleno ordinario o 4 de febreiro

Viveiro celebrará o seu pleno ordinario o 4 de febreiro

A sesión celebrarase ás 19.30 horas na Casa Consistorial

Publicada o

- Advertisement -

O sesión ordinaria do Pleno do Concello de Viveiro celebrarase o mércores 4 de febreiro, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. No caso de non existir quórum na primeira convocatoria, a sesión celebrarase en segunda convocatoria dous días despois á mesma hora.

Na orde do día inclúese a aprobación das actas das sesións do 29 de decembro de 2025 e do 14 de xaneiro de 2026. Tamén se debaterán a proposta de Alcaldía relativa á solicitude de adhesión ao correspondente convenio para solicitar cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Decreto 115/2017, unha proposta de Alcaldía de adhesión ao convenio con Seaga e a proposta de aprobación da estrutura de custos para a contratación dos servizos enerxéticos de alumeado público e das instalacións dos edificios municipais do Concello de Viveiro.

Tamén se tratarán dúas mocións: unha do Grupo Municipal do PSOE para garantir a continuidade da actividade cinematográfica en Viveiro mediante acordos culturais puntuais, e outra do Grupo Municipal do BNG relativa ás consecuencias para a frota artesanal galega da entrada en vigor do Regulamento de control da pesca da Unión Europea.

Na parte de control, darase conta das resolucións da Alcaldía e do informe de información económica, estabilidade orzamentaria, período medio de pago e morosidade correspondente ao cuarto trimestre de 2025. Logo abrirase a quenda de rogos e preguntas.

A documentación correspondente aos asuntos incluídos na orde do día está á disposición dos membros da Corporación na Secretaría Municipal, así como no expediente electrónico correspondente.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...