InicioOccidentalViveiroViveiro convoca o Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido

Viveiro convoca o Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 5 ao 13 de febreiro e repartiranse premios e axudas económicas en categorías de adultos e infantil

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de aprobar as bases reguladoras do Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido 2026, que se celebrará o martes de Entroido, co obxectivo de incentivar a participación cidadá nunha das celebracións máis tradicionais e concorridas do municipio.

O concurso contará con categorías de adultos e infantil. Na categoría de adultos poderán participar carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, mentres que na infantil establécense as modalidades de individual, parellas e grupos. Para os efectos destas bases, considérase carroza todo vehículo de tracción mecánica con plataforma e un mínimo de catro persoas participantes.

Poderán tomar parte no concurso persoas particulares, asociacións, entidades legalmente constituídas e grupos ocasionais, que deberán designar unha persoa representante. Cada participante poderá inscribirse unicamente nunha categoría.

O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 13 de febreiro de 2026, podendo realizarse tanto no rexistro municipal como a través da sede electrónica do Concello de Viveiro, achegando a documentación requirida segundo o tipo de participante.

Para optar aos premios será obrigatorio cumprir as normas do desfile, entre as que se inclúen a utilización do dorsal facilitado pola organización, o mantemento da orde de saída e das medidas de seguridade durante todo o percorrido, así como a prohibición do uso de material pirotécnico, da participación con animais e de representacións de carácter ofensivo. Ademais, será imprescindible acudir disfrazado ao acto de entrega de premios, que terá lugar ao remate do desfile.

O xurado, designado pola organización, estará composto por un mínimo de tres persoas e valorará aspectos como a creatividade e orixinalidade dos disfraces, a posta en escena, a simpatía e a graza dos participantes, así como a orixinalidade das carrozas ou plataformas. As decisións do xurado serán inapelables.

O concurso contempla premios en metálico para todas as categorías, con contías que acadan os 700 euros no caso das carrozas de adultos, así como premios especiais ao humor e á orixinalidade. Ademais, establécese unha axuda especial de ata 200 euros para cada carroza participante, sempre que estea inscrita dentro do prazo establecido.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...