InicioOccidentalViveiroPeche de docentes no CEIP de Covas para reivindicar a negociación de...

Peche de docentes no CEIP de Covas para reivindicar a negociación de melloras nas condicións de traballo

Publicada o

- Advertisement -

Os sindicatos CIG e STEG convocaron un peche no CEIP Plurilingüe de Covas. Despois de que no primeiro trimestre as organizacións convocantes das mobilizacións que se estenderán polo territorio galego nunha estratexia de descentralizar o conflito até o máximo nos centros de ensino. Segundo os convocantes: “os centros convértense en espazo de confluencia entre toda a comunidade educativa e de posta en común das necesidades converxentes de profesorado e alumnado”.

O obxectivo desta medida é chamar a atención ante “o desprezo da Consellaría que segue sen atender a voz maioritaria do profesorado galego, representada polas dúas organizacións sindicais que lideran as mobilizacións desde comezos de curso”. O obxectivo tamén é visibilizar os problemas que afrontan ás familias e ao alumnado, “porque cando estamos falando de que non hai profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe ou persoal orientador suficiente estamos evidenciando a gran carencia nestes momentos no sistema educativo galego que obriga aos centros a decidir que alumnado se atende e cal non”.

Os convocantes denuncian que cando non se cumpren “nin as raquíticas medidas incluídas no acordo de melloras, ampliando as ratios por riba do permitido ou agrupando varios niveis por riba do incluído tamén no acordo de agrupamentos, o que sae perdendo é alumnado máis vulnerábel, a igualdade de oportunidades e unha sociedade máis xusta”.

Este tema, xunto coa redución de ratios, a eliminación da burocracia e a aposta pola oferta pública en todas as etapas educativas “son os puntos en común que se están a abordar coa representación das familias e do alumnado”.

Á hora de entrada deste venres está previsto que os convocantes do peche asistan á concentración de pais e nais de alumnos ‘Venres Negros’ .

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...