InicioSucesosUn veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Tamén deberá pagar unha indemnizacón de 35.000 euros por danos morais

Publicada o

- Advertisement -

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis anos e seis meses de prisión por agredir sexualmente á filla da súa afillada en varias ocasións. Ademais, deberá indemnizala con 35.000 euros por danos morais.

Así se acordou de común acordo entre a acusación e a defensa antes da sesión prevista na Audiencia Provincial, onde o home acudiu escoltado polos axentes, xa que está en prisión provisional desde o momento dos feitos, en xuño de 2022.

A Fiscalía pedía nun primeiro momento unha pena de 12 anos de prisión, pero aceptouse rebaixar a mesma ao facer valer as atenuantes de reparación do dano, xa que o acusado ingresou á menor 21.000 euros, e tamén o de confesión, xa que recoñeceu ser o autor dos feitos tras a súa detención e colaborou na investigación posterior.

VARIAS AGRESIÓNS

Os feitos confesados polo home tiveron lugar cando a menor, que tiña 9 anos naquel momento, foi convidada polo acusado para probarse roupa na casa familiar. Obrigouna a espirse, tocoulle os seus partes íntimas e botouse sobre ela mentres a nena choraba. En datas seguintes volveu agredila en varias ocasións, chegando mesmo a meterse no baño cando se estaba duchando.

Ademais dos seis anos e seis meses de prisión, o home aceptou tamén unha pena de afastamento da vítima a máis de 500 metros durante un período de 16 anos e outros 10 de liberdade vixiada.

Debido a que xa ingresou 21.000 euros á vítima, o resto, 14.000 euros, irá abonando mensualmente a razón de 150 euros.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...