InicioOccidentalViveiroO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

A continuación, a comitiva visitou Casa Chao, un negocio histórico de Viveiro vencellado á tradición comercial da vila desde a primeira metade do século XX, cunha traxectoria recoñecida no ámbito da alimentación e do viño.

Publicada o

- Advertisement -

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional a Viveiro na que coñeceu de primeira man a Praza de Abastos e Casa Chao, establecemento tradicional de alimentación, ultramarinos e vinoteca. Estivo acompañado por Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro.

A visita incluíu un percorrido pola Praza de Abastos, un espazo emblemático do comercio de proximidade no municipio, cunha traxectoria histórica que se remonta á súa construción en 1925 e cunha estrutura de postos orientada á venda de produto fresco. Nos últimos meses, o Concello avanzou no proxecto de rehabilitación do edificio, un traballo que se presentou no marco do programa «Formación Praceiros/as 2025» e que busca modernizar e mellorar as condicións de uso da Praza, en diálogo co sector.

A continuación, a comitiva visitou Casa Chao, un negocio histórico de Viveiro vencellado á tradición comercial da vila desde a primeira metade do século XX, cunha traxectoria recoñecida no ámbito da alimentación e do viño.

Mariña Gueimunde destacou que «a Praza de Abastos e o comercio tradicional son dous piares fundamentais para manter viva a actividade económica do casco urbano e para reforzar unha oferta de calidade vinculada ao produto e ao trato directo». A alcaldesa engadiu que «a rehabilitación da Praza é unha actuación necesaria para mellorar o día a día de praceiros e praceiras e para consolidar un espazo que forma parte da identidade de Viveiro».

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...