InicioOccidentalViveiroMariña Gueimunde recibe oito alumnos de promoción turística

Mariña Gueimunde recibe oito alumnos de promoción turística

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, recibiu esta mañá a un grupo de oito alumnos que cursan a especialidade de promoción turística e atención ao visitante no Centro de Formación Profesional Ocupacional da Xunta de Galicia en Viveiro, así como a unha das súas profesoras. O encontro enmárcase no proceso formativo do alumnado e serviu para trasladar varias propostas orientadas a mellorar a experiencia turística no Concello.

Os alumnos realizarán o período de prácticas entre o 30 de abril e o 18 de xuño. Desde o Concello trasladouse a vontade de colaborar para intentar acoller o máximo número posible de estudantes durante ese período e facilitar unha primeira toma de contacto co funcionamento municipal e coas liñas de traballo que se marcan en materia turística.

Durante a visita, o grupo compartiu unha análise baseada na súa experiencia como veciñanza do municipio e na formación recibida. Identificaron fortalezas e tamén aspectos mellorables na oferta turística de Viveiro. Entre as propostas expostas figuran melloras na información dispoñible na web municipal, a actualización de horarios e contidos vinculados á visita a monumentos e recursos patrimoniais, así como a revisión de cuestións relacionadas coa mobilidade e o transporte público para facilitar o acceso a algunhas localizacións.

Os alumnos tamén suxeriron reforzar a sinalización nalgunhas rutas e puntos de interese, mellorar a interpretación e visibilidade de áreas etnográficas, estudar a habilitación dun espazo de estacionamento para caravanas e revisar a presentación e difusión de eventos e actividades, co obxectivo de adaptarse mellor ás novas ferramentas dixitais e incrementar a promoción do destino.

Mariña Gueimunde salientou que o Concello de Viveiro valora estes encontros de xeito «moi positivo». «Serven para establecer unha conexión directa entre a formación e a realidade do Concello, así como para incorporar novas visións e achegas técnicas que poden contribuír a mellorar a planificación e a programación turística municipal», sinalou.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...