InicioOccidentalViveiroPresentación en Viveiro dun libro sobre o pioneiro da automoción José Barro

Presentación en Viveiro dun libro sobre o pioneiro da automoción José Barro

O acto contará coa presencia de Manuel Lage, que compartirá as claves da obra e ofrecerá unha introdución sobre a vida e o traballo de José Barro, así como do contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será escenario o sábado 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, da presentación do libro «Fábrica de Chavín». Trátase dunha obra de Manuel Lage dedicada a José Barro, empresario galego que foi pioneiro nos inicios da industria da automoción no século XX. A súa traxectoria resulta clave para comprender os primeiros pasos do sector en Galicia e a súa conexión con outros focos industriais.

O acto contará coa presencia de Manuel Lage, que compartirá as claves da obra e ofrecerá unha introdución sobre a vida e o traballo de José Barro, así como do contexto histórico no que desenvolveu a súa actividade. Ao remate da presentación, o autor asinará exemplares.

Manuel Lage Marcos é doutor en Enxeñaría Industrial e de motores. Conta cunha longa traxectoria profesional en postos de responsabilidade no sector da automoción, con experiencia en empresas como Chrysler España, Pegaso e Iveco, así como noutras compañías do Reino Unido e Italia. Ademais, é profesor no centro de investigación do automóbil INSIA (Madrid) e autor de libros de investigación sobre a historia do automóbil e de marcas como Pegaso, Barreiros ou Hispano Suiza, entre outras.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...