InicioOccidentalViveiroOptimización da Empresa de Servizos Enerxéticos de Viveiro cun aforro de 8...

Optimización da Empresa de Servizos Enerxéticos de Viveiro cun aforro de 8 millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro optimizou a licitación dunha Empresa de Servizos Enerxéticos (ESE) tras un proceso de revisión e reformulación do contrato inicialmente previsto polo anterior goberno municipal. O resultado definitivo supón unha mellora substancial das condicións económicas, un incremento do investimento e unha optimización dos recursos públicos a longo prazo.

Segundo os datos finais, o gasto anual actual do Concello en materia enerxética ascende a 1.549.730,47 euros. Tras a licitación da ESE, o gasto anual reducirase a 1.253.534 euros, o que supón un aforro anual de 296.196 euros. Proxectado aos 15 anos de duración do contrato, este aforro alcanza os 4.442.920 euros.

A este importe súmanse as investimentos directos que realizará a ESE, cifradas en 4.534.628 euros, así como outras actuacións financiadas coa baixa do contrato, estimada en arredor de 1.100.000 euros. Esa inversión destinarase como Plan P6 a investimentos e ao mantemento do alumeado de Nadal e das festas ao longo dos 15 anos de vixencia do contrato.

Deste xeito, o aforro total estimado para o Concello de Viveiro coa posta en marcha da ESE ascende a 8.229.610 euros en quince anos.

Ademais, o novo modelo supón unha mellora significativa respecto ao proxecto que se prevía licitar anteriormente, cun aforro superior aos dous millóns de euros ao longo do contrato e un incremento do investimento directo de 1.250.000 euros. Se se suma a parte correspondente da baixa do contrato, o investimento adicional acada os 2,3 millóns de euros.

Entre as actuacións previstas inclúense proxectos singulares no Casco Histórico e no Paseo Marítimo, a mellora do alumeado nos pasos de peóns, a substitución de semáforos, a instalación de grupos electróxenos de gran capacidade na Casa do Concello e no Auditorio de Celeiro, a solución a un problema histórico de custo e seguridade relacionado cos denominados tantos alzados e a renovación da iluminación e das caldeiras nos campos de fútbol.

Cabe resaltar que este resultado é froito dunha avaliación exhaustiva do contrato inicialmente deseñado, no que se detectaron aspectos claramente mellorables. Desde o inicio do proceso, o obxectivo foi optimizar os recursos económicos e reforzar a transparencia, motivo polo que se modificaron os pregos e se mantiveron contactos con varias empresas do sector para obter a mellor opción posible.

Coas condicións actuais, o importe inicialmente previsto foi reducido en máis da metade, acadándose un modelo máis eficiente, sostible e vantaxoso para as arcas municipais e para o conxunto da cidadanía.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...