InicioOccidentalViveiroHabilitada unha aula de estudo nos Claustros de San Francisco en Viveiro...

Habilitada unha aula de estudo nos Claustros de San Francisco en Viveiro para o Nadal

A decisión de habilitar esta aula responde ao incremento de usuarios e usuarias que se produce nestas datas, xa que moitos estudantes regresan a Viveiro durante as vacacións de Nadal e a afluencia á Biblioteca Municipal increméntase.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro habilitou unha nova aula de estudo para as vacacións de Nadal. Trátase da aula número 1 da UNED, situada nos Claustros de San Francisco. O obxectivo é ampliar os espazos dispoñibles para o estudo.

O novo espazo de estudo estará aberto co mesmo horario que a Biblioteca Municipal: de luns a venres de 8.30 a 15.00 e de 16.30 a 20.30 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas.

A decisión de habilitar esta aula responde ao incremento de usuarios e usuarias que se produce nestas datas, xa que moitos estudantes regresan a Viveiro durante as vacacións de Nadal e a afluencia á Biblioteca Municipal increméntase.

ÚLTIMAS

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...

A Feira do Libro de Viveiro celebrarase do 13 ao 16 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización da Feira...

Concurso de pesca xuvenil en Burela para achegar esta actividade recreativa aos máis novos

Burela celebrará o vindeiro sábado 22 de agosto o I Concurso de Pesca Xuvenil,...

A Vicepresidencia da Deputación colabora coa Festa Normanda de Foz do 27 ao 30 de agosto

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación do caetel, obra...