InicioOccidentalViveiroCarta aos Reis Magos da ANPA do CEIP de Covas para "espertar"...

Carta aos Reis Magos da ANPA do CEIP de Covas para “espertar” á admnistración ante a falta de recursos

A ANPA do centro viveirense entrega unha misiva no marco dos seus 'Venres Negros', esixindo que se dote ao colexio dos profesionais necesarios para atender un 22% do alumnado con necesidades especiais

Publicada o

- Advertisement -

As familias do CEIP Plurilingüe de Covas decidiron entregar unha carta dirixida a Melchor, Gaspar e Baltasar ante a “certeza amarga” de que o sistema educativo lles está a fallar ás súas crianzas.

Esta iniciativa enmárcase dentro dos “Venres Negros”, unha protesta que a comunidade educativa mantén dende hai cinco semanas. Vestidos de negro, pais e nais denuncian o que consideran unha situación insustentable e de abandono institucional. Na misiva, as familias explican que a súa petición nace da “impotencia, a urxencia, o esgotamento e a dor de quen xa non sabe a quen acudir”.

A carta detalla a realidade dun centro onde as estatísticas teñen rostro: un 22% do alumnado presenta necesidades educativas especiais. Para as familias, este número representa nenos e nenas con ritmos distintos que loitan diariamente por sentirse capaces, pero que se atopan cun sistema que “deixou caer” as súas necesidades.

Os principais motivos que levan á ANPA a manter estas mobilizacións son a falta de persoal especializado. Reclaman o aumento de xornadas para Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT), ademais, isto ten como consecuencia a sobrecarga de traballo por parte dos profesores e profesoras. Critican que o modelo educativo non está prestando apoios profesionais para a inclusión por non haber recursos para a mesma.

As familias do CEIP denuncian que a falta de apios é unha “ferida aberta” para os seus fillos pois entenden que non debe haber “infancias de segunda”.

Con este documento esperan “espertar a quen si ten a responsabilidade” e a obriga para actuar. “Non pedimos favores: esiximos dereitos”, conclúen as familias, que aseguran que seguirán vestindo de negro até que se solucionen os problemas que sofre o CEIP de Covas.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...