InicioOccidentalViveiroViveiro, escenario dunha comedia coral homenaxe á xente do Concello

Viveiro, escenario dunha comedia coral homenaxe á xente do Concello

Publicada o

- Advertisement -

A Praza Maior e outros espazos de Viveiro serán escenario, os días 11 e 12 de decembro, da rodaxe dunha comedia coral titulada provisionalmente «Viveiro non é un soño, existe». O proxecto rende homenaxe á xente do Concello, á súa historia e ao carácter propio da vila.

O xoves 11, a partir das 11.00 horas, realizaranse os ensaios das escenas colectivas. A rodaxe terá lugar o venres 12, tamén desde as 11.00 horas.

A veciñanza está convidada a participar como figurante, sen precisarse experiencia previa. Procurarase crear ambiente e dar presenza real á cidadanía nas escenas filmadas na Praza Maior e arredores, co obxectivo de lograr unha película máis viva, humana e representativa da identidade local.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...