InicioMovementos SociaisConcentración en Viveiro reclamando máis profesionais médicos no Centro de Saúde

Concentración en Viveiro reclamando máis profesionais médicos no Centro de Saúde

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma SOS Sanidade Pública da Mariña convocou unha nova concentración na praza do Concello de Viveiro ás 11:30 horas en demanda dun cadro de persoal médico completo e estable no seu centro de saúde, cubríndose o cen por cen das prazas de medicina de familia e tamén de pediatría. Do mesmo xeito demandan tamén a substitución de todas as ausencias do persoal de enfermería.


As e os viveirenses acudiron, malia intensa chuvia, a esta cita quincenal que xa leva convocándose sete meses consecutivos e que seguirá mentres a situación sanitaria de Viveiro non se solucione.


A coordinadora do colectivo, Montse Porteiro explica que finalización do concurso de traslados deste ano deixa un saldo negativo en Viveiro, “con dúas médicas que se van máis sen que ninguén optara a ningunha desas prazas que quedan vacantes, o cal pode supoñer un caos sanitario a partir de xaneiro”.


Esta situación verase agravada tamén pola incidencia da epidemia de gripe, a piques de acadar un dos picos estacionais e que soen ter outra explosión no mes de xaneiro. Nestas circunstancias, estas dúas facultativas menos sumadas ao grave déficit de medicos que hai no centro de saúde de Viveiro ” derivarán no absoluto colapso sanitario na cidade de Viveiro, se non poñen solución. E a solución sen unha previa planificación é difícil” conclúe Porteiro.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...