InicioOccidentalViveiroO pleno ordinario de Viveiro será este mércores 3 de decembro

O pleno ordinario de Viveiro será este mércores 3 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrará o pleno ordinario do mes de decembro o mércores 3, ás 19.30 horas, no Salón de Sesións da Casa Consistorial. A sesión comezará coa aprobación da acta correspondente ao pleno ordinario do 5 de novembro. Despois trataranse dous asuntos incluídos na parte declarativa da orde do día, ambos en forma de mocións dos grupos municipais.

A primeira moción, presentada polo Grupo Municipal do PSOE, propón mellorar o sistema de xestión das subvencións nominativas nos orzamentos municipais de 2026. A segunda moción, rexistrada polo Grupo Municipal do BNG, aborda a mellora da rede de abastecemento de Landrove e a modernización da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).

A orde do día completarase coa parte de control á Alcaldía, que inclúe a dación de conta das resolucións ditadas desde o último pleno ordinario e o apartado de rogos e preguntas por parte dos membros da Corporación.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...