InicioOccidentalViveiroViveiro recibe da Xunta financiamento programas de inclusión social

Viveiro recibe da Xunta financiamento programas de inclusión social

Estes programas inclúen acompañamento social, apoio educativo, integración comunitaria e actuacións específicas orientadas a favorecer a inclusión e a igualdade de oportunidades

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro recibiu a resolución oficial da Xunta de Galicia pola que se concede financiamento para o desenvolvemento de programas municipais de inclusión social durante os anos 2025 e 2026. A resolución confirma que Viveiro contará con apoio económico para actuacións dirixidas á atención socio comunitaria e persoas migrantes á intervención social con colectivos vulnerables e á intervención con poboación en risco de exclusión. Estes programas inclúen acompañamento social, apoio educativo, integración comunitaria e actuacións específicas orientadas a favorecer a inclusión e a igualdade de oportunidades.

A orde establece que os programas están cofinanciados polo Fondo Social Europeo Plus e pola Xunta de Galicia, dentro das liñas estratéxicas orientadas ao fortalecemento das políticas públicas de inclusión. Así mesmo, recóllense as obrigas que deberá cumprir o Concello en materia de xestión, seguimento e xustificación durante o período de execución.

A alcaldesa Mariña Gueimunde valorou positivamente a concesión da axuda: «Con este financiamento podemos consolidar o traballo municipal no ámbito social e asegurar recursos para acompañar a persoas e familias que o precisan. Para Viveiro é fundamental manter programas sólidos e continuados, e esta resolución permítenos seguir dando pasos nesa dirección».

O Concello de Viveiro iniciará agora a planificación operativa das actuacións incluídas na resolución, conforme ás condicións establecidas pola Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...