InicioOccidentalViveiroNova concentración en Viveiro para protestar pola situación sanitaria da comarca

Nova concentración en Viveiro para protestar pola situación sanitaria da comarca

No lugar da concentración ubicouse novamente a mesa de recollida de sinaturas. Segundo nos confirma Samuel Fernández Bouza, "imos xa preto das catro mil, e isto continúa".

Publicada o

- Advertisement -

As concentracións quincenais pola situación sanitaria de Viveiro continúan dado que a situación no centro de saúde da cidade sigue nunha situación de precariedade, con persoal facultativo sen substituír, citas para consultas ordinarias cunha demora dun mes ou máis e un solo pediatra para Viveiro, Vicedo e Ourol. Nestas condicións non se pode garantir que as persoas teñan unha asistencia sanitaria de calidade e consonte ás súas necesidades.


No lugar da concentración ubicouse novamente a mesa de recollida de sinaturas. Segundo nos confirma Samuel Fernández Bouza, “imos xa preto das catro mil, e isto continúa”.


No transcurso da concentración deuse lectura a un pequeno manifesto no que se destacaba tamen que o persoal sanitario de Atención Primaria de todo o país fará unha folga o día 26 de novembro para denunciar precariedade e o desmantelamento que sufre este nivel asistencial. Esta convocatoria de folga, explica Montse Porteiro, “non fai máis que confirmar o que este colectivo e a sociedade mariñá levamos denunciando desde hai anos”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...