InicioOccidentalViveiroViveiro presenta a programación do 25N que inclúe actos de sensibilización

Viveiro presenta a programación do 25N que inclúe actos de sensibilización

O Concello organizará o concerto «Melodías contra o silencio» e actos culturais e reivindicativos para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nela anunciouse que o concerto «Melodías contra o silencio», organizado polo Concello de Viveiro e ofrecido polos grupos de adultos do Conservatorio, terá lugar o sábado 22 de novembro ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz.

As actividades continuarán o martes 25 de novembro. Ás 11.00 horas gardarase un minuto de silencio e procederase á lectura do manifesto institucional. De seguido, inaugurarase a exposición fotográfica e desenvolveranse obradoiros na Biblioteca Municipal de Viveiro, con sesións de 12.30 a 13.30 e de 18.00 a 19.00 horas, abertos ao público.

No acto de presentación das actividades participaron Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Saray Ventura, concelleira de Cultura; Antonio José Álvarez, director do Conservatorio Profesional de Música; e membros dos grupos de Adultos do Conservatorio, que darán o concerto previsto deste sábado.

Mariña Gueimunde, subliñou a importancia desta data e agradeceu o compromiso das entidades e colectivos implicados. «Viveiro convértese estes días nun espazo de reivindicación, memoria e acción colectiva fronte á violencia machista. Queremos que toda a cidadanía se sinta parte desta loita, que é social e transversal», afirmou. Engadiu tamén que «o Concello aposta por unha programación que combine arte, música e reflexión, porque a cultura é unha ferramenta poderosa para educar e transformar».

Sobre o concerto deste sábado, Saray Ventura destacou «o traballo e ilusión dos grupos participantes nunha iniciativa que se converte nun símbolo de unidade fronte a todas as formas de violencia contra as mulleres».

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...