- Advertisement -
Axentes da Policía Local de Viveiro detiveron este domingo a un home que tentou agredilos indo medio espido.
Segundo fontes policiais consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar ao redor das 08.55 horas na Avenida de Galicia, onde se detivo a este home por “atentado, desobediencia e resistencia aos axentes”.
Tal e como detallaron estas mesmas fontes, o home atopábase “moi alterado e propinaba lapotes e patadas aos axentes”, que procederon á súa detención. Posteriormente foi trasladado e nestes momentos está custodiado pola Policía Nacional na Comisaría de Viveiro.
