InicioOccidentalViveiroObradoiro de cine para maiores de 55 anos en Viveiro

Obradoiro de cine para maiores de 55 anos en Viveiro

Terá lugar o 27 de outubro e será impartido por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organizará o 27 de outubro o obradoiro «Como se fai unha película?», unha charla práctica pensada especialmente para persoas maiores de 55. Terá lugar ás 18.30 horas na Sala Multiusos. A actividade será impartida por Manolo Gómez, gañador de dous premios Goya á Mellor Película de Animación por «O bosque animado» (2002) e «O soño dunha noite de San Xoán» (2006).

A alcaldesa Mariña Gueimunde explica que «esta proposta busca achegar o mundo do cine dun xeito ameno e participativo, ofrecendo unha experiencia cultural distinta e adaptada a un público que merece novas oportunidades para aprender, compartir e gozar da creatividade».

Durante a sesión, as persoas participantes poderán descubrir como se crea unha película desde dentro, coñecer técnicas básicas de rodaxe e participar nunha actividade práctica guiada por un profesional de recoñecido prestixio. A entrada é libre ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...