InicioOccidentalViveiroViveiro participa nun encontro sobre Semana Santa en Portugal

Viveiro participa nun encontro sobre Semana Santa en Portugal

A alcaldesa Mariña Gueimunde e os concelleiros Saray Ventura e Vicente Vázquez participan no acto que se celebra en Ovar e Santa María da Feira, ao que tamén asiste Pepe Veiga, presidente da Xunta de Cofradías de Semana Santa de Viveiro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro participa no encontro internacional sobre a Semana Santa organizado por Holy Week Conference, que se desenvolve entre as localidades portuguesas de Ovar e Santa María da Feira. A iniciativa reúne a representantes institucionais, investigadores e expertos de varios países europeos.

A delegación viveirense está composta pola alcaldesa Mariña Gueimunde e os concelleiros Saray Ventura e Vicente Vázquez. Tamén asiste Pepe Veiga, presidente da Xunta de Cofradías de Semana Santa de Viveiro.

O encontro, que se celebra baixo o lema «Identidade, Patrimonio Cultural e Turismo», inclúe conferencias, mesas redondas e comunicacións temáticas centradas na posta en valor das celebracións relixiosas como parte do patrimonio cultural e da identidade das comunidades locais.

A xornada inaugural de onte, celebrada na Escola de Artes e Oficios de Ovar, comezou coa conferencia «Identidade e circunstancia. Consideracións baseadas en algunhas festas relixiosas», a cargo de Jean-Yves Durand (Universidade do Minho), e desenvolveranse actuacións musicais e un recital de agrupacións portuguesas.

O programa continuará hoxe con sesións sobre patrimonio cultural, identidade e turismo, coa participación de expertos e representantes institucionais de Portugal, España, Polonia, Eslovenia e Croacia.

Mariña Gueimunde destacou que «esta participación é unha mostra do noso compromiso coa preservación e proxección internacional da Semana Santa de Viveiro, recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional e elemento clave da nosa identidade colectiva».

A alcaldesa engadiu que «Viveiro comparte con outras cidades europeas unha tradición viva que é ao mesmo tempo fe, cultura e patrimonio, e encontros como este serven para fortalecer esas alianzas e seguir aprendendo uns dos outros».

O evento pecharase mañá cunha mesa redonda sobre o papel do turismo na conservación das tradicións locais. Terá lugar na Biblioteca Municipal de Santa Maria da Feira. Despois, realizarase unha visita guiada pola cidade antes do xantar de clausura.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...