InicioOccidentalViveiroGueimunde apunta que se actuou con responsabilidade na vertedura do Landro

Gueimunde apunta que se actuou con responsabilidade na vertedura do Landro

A alcaldesa de Viveiro subliñou que «desde o primeiro momento, actuamos con transparencia, seguindo as recomendacións de Sanidade e informando á veciñanza a través dos medios de comunicación municipais, bandos e redes sociais»

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, compareceu no Pleno ordinario celebrado hoxe para informar da actuación do goberno local durante a incidencia provocada polo vertido no río Landro ocorrido no mes de xuño.

Gueimunde subliñou que «desde o primeiro momento, actuamos con transparencia, seguindo as recomendacións de Sanidade e informando á veciñanza a través dos medios de comunicación municipais, bandos e redes sociais». A rexedora explicou que foi a empresa concesionaria Viaqua a que notificou a situación, e que ela mesma se desprazou ao lugar «onde permanecín durante toda a crise, en coordinación cos medios despregados».

Durante dous días e medio, segundo explicou a alcaldesa, estiveron presentes na zona efectivos da Xunta, dos bombeiros de Medio Rural, de Medio Ambiente, Sanidade, Policía Local, Protección Civil e Bombeiros, entre outros, e mantivéronse reunións de coordinación permanentes. Entre as medidas adoptadas, o Concello de Viveiro emitiu un bando no que se prohibía de forma preventiva o consumo da auga da traída e o baño en determinadas praias, así como a disposición de camións cisterna en Viveiro e Covas. Tamén se advertiu a residencias e ao Sergas para que adoptasen previsións segundo o protocolo sanitario.

A propia alcaldesa comunicouse coas áreas comerciais de Viveiro para que fixeran provisión de auga por se o Concello quedara privado dela.

Unha vez restablecido o servizo, e tras as análises correspondentes, levantáronse as restricións e recuperouse a normalidade. «Actuamos con prudencia e rigor, e non houbo nada que lamentar. Creo que o fixemos ben e así nolo recoñeceron tamén as autoridades sanitarias», apuntou Gueimunde.

A rexedora anunciou ademais que o Concello de Viveiro se adherirá ás dilixencias abertas polo Seprona no xulgado de Vilalba, remitindo os informes elaborados pola Policía Local e Protección Civil, así como o de Viaqua, sobre os danos que poidan afectar ao patrimonio municipal.

Por último, Gueimunde lembrou que o vertido tivo a súa orixe no Concello de Muras e insistiu en que «o goberno local estivo en todo momento a disposición dos grupos municipais e da cidadanía, coa máxima transparencia e responsabilidade».

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...