InicioOccidentalViveiroMariña Gueimunde mantivo un encontro institucional co presidente da Xunta

Mariña Gueimunde mantivo un encontro institucional co presidente da Xunta

A alcaldesa trasladou ao presidente as prioridades de Viveiro e salientou a relevancia de manter este diálogo institucional para asegurar que as necesidades da veciñanza estean presentes na planificación da Xunta.

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, mantivo un encontro institucional con Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, no que se analizaron asuntos estratéxicos para o presente e o futuro do Concello.

Na reunión abordáronse cuestións relativas ás infraestruturas viarias, ás necesidades de vivenda e ás melloras nos sistemas de abastecemento e saneamento de auga. O obxectivo é dar resposta ás demandas actuais e planificar solucións a medio e longo prazo.

Na xuntanza tamén se trataron cuestións relacionadas co Paseo Marítimo de fachada, como a recuperación e humanización do peirao vello, considerado un espazo estratéxico tanto pola súa función de aparcamento como pola súa proxección cara ao mar.

Ambas institucións coincidiron na importancia de establecer unha folla de ruta conxunta que permita avanzar nestas materias. A alcaldesa trasladou ao presidente as prioridades de Viveiro e salientou a relevancia de manter este diálogo institucional para asegurar que as necesidades da veciñanza estean presentes na planificación da Xunta.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...