InicioOccidentalViveiro'Viveiro en Festas' busca fotos dos 80 e 90 para o calendario...

‘Viveiro en Festas’ busca fotos dos 80 e 90 para o calendario de 2026

Para levar a cabo esta iniciativa, a Comisión de Festas de Viveiro fai un chamamento a todos os veciños e veciñas que conserven fotografías desas décadas relacionadas coas festas da vila

Publicada o

- Advertisement -

A Comisión Viveiro en Festas xa traballa na organización das festas de San Roque do próximo mes de agosto e, como parte das actividades de recadación de fondos, anuncia a elaboración dun calendario de 2026. Despois do gran éxito acadado coa edición anterior, dedicada ás fotografías das décadas dos 40, 50, 60 e 70, nesta ocasión o calendario estará centrado nas festas de San Roque durante os anos 80 e 90, co fin de preservar e difundir a memoria gráfica da tradición festiva de Viveiro.

Para levar a cabo esta iniciativa, a Comisión fai un chamamento a todos os veciños e veciñas que conserven fotografías desas décadas relacionadas coas festas da vila. Procúranse imaxes que amosen verbenas, desfiles, comparsas, concertos, actos populares e, en xeral, calquera momento festivo daqueles anos. Recoméndase indicar o ano aproximado da fotografia para estabelecer unha orde cronolóxica, así como enviar fotografias cun peso mínimo de 500KB.

As persoas interesadas en colaborar poden poñerse en contacto coa Comisión a través das súas redes sociais oficiais, a través do correo electrónico comisionviveiroenfestas@gmail.com ou a través de calquera dos membros da asociación.

A comisión anima á veciñanza que queira participar nesta proposta, que non só servirá para recadar fondos destinados á organización das festas, senón, según din “serve para recuperar e compartir a memoria recente das festas de San Roque e, entre todos, traballar na identidade colectiva de Viveiro como viñemos facendo durante este último ano”.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón en Ribadeo para o 22 de xuño

Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting...