InicioOccidentalViveiroViveiro abre o prazo para subvencións nominativas para deportes 2025

Viveiro abre o prazo para subvencións nominativas para deportes 2025

A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou que «estas subvencións nominativas son unha ferramenta fundamental para apoiar o labor das nosas asociacións e clubes deportivos, que realizan un traballo moi importante a nivel social, cultural e deportivo»

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de remitir ás asociacións e clubes deportivos as comunicacións relativas ás subvencións nominativas incluídas no orzamento municipal de 2025, co obxectivo de que presenten a documentación necesaria para a súa tramitación.

As entidades dispoñen dun prazo máximo de cinco días para entregar a documentación requirida: solicitude de subvención nominativa, orzamento detallado de gastos da actividade a subvencionar (entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025) e a concreción da actuación dentro do concepto previsto no orzamento. Unha vez recibida esta documentación, o Concello procederá á sinatura dos convenios de colaboración e ao posterior aboamento das achegas correspondentes.

A alcaldesa Mariña Gueimunde subliñou que «estas subvencións nominativas son unha ferramenta fundamental para apoiar o labor das nosas asociacións e clubes deportivos, que realizan un traballo moi importante a nivel social, cultural e deportivo». Engadiu tamén que «desde o Concello queremos facilitarlles os recursos necesarios para que poidan desenvolver as súas actividades e contribuír así ao dinamismo e á cohesión do noso municipio».

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...