InicioOccidentalViveiroAparecen pintadas na área etnográfica da Insua, en Viveiro

Aparecen pintadas na área etnográfica da Insua, en Viveiro

O Concello destaca que este enclave foi recuperado mediante fondos públicos e lembra que a súa protección é unha responsabilidade compartida que require do compromiso de todos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro rexeita os actos de vandalismo rexistrados na área etnográfica de A Insua, onde se realizaron pintadas sobre as pedras que provocaron danos nun lugar singular, cun importante pasado histórico e laboral para a localidade.

Desde o Concello sinalan que «non podemos tolerar accións que deterioran o traballo realizado e comprometen o patrimonio da vila», ao tempo que censuran estes comportamentos irrespectuosos e fan un chamamento ao civismo para coidar e preservar os espazos públicos.

A Insua, vinculada historicamente ao antigo cargadoiro de mineral das minas de ferro da Silvarosa, é hoxe un miradoiro privilexiado sobre a ría de Viveiro e unha zona de valor patrimonial e ambiental, que forma parte da identidade local e do atractivo turístico da cidade. «Accións deste tipo danan a imaxe de Viveiro e afectan ao seu patrimonio e ao entorno natural», engaden.

O Concello destaca que este enclave foi recuperado mediante fondos públicos e lembra que a súa protección é unha responsabilidade compartida que require do compromiso de todos. Neste sentido, a Ordenanza municipal reguladora da convivencia, limpeza e residuos prohibe expresamente as pintadas e calquera dano ao mobiliario urbano, e prevé a execución subsidiaria, sen prexuízo da imposición das sancións correspondentes. As multas establecidas van desde 50 euros para as infraccións leves ata 3.000 no caso das moi graves.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...