InicioOccidentalViveiroA concentración pola falta de médicos en Viveiro cambia de lugar, será...

A concentración pola falta de médicos en Viveiro cambia de lugar, será na praza do Concello

A Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña anuncia que a concentración do 2 de outubro reclamando máis persoal médico no centro de saúde de Viveiro será ás 11:30.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca a súa concentración quincenal pola falta continuada de persoal sanitario, nomeadamente médicos de familia e pediatra para o xoves 2 de outubro ás 11.30 horas. O colectivo cambia a ubicación á Praza do Concello, centro neurálxico e de reunión da sociedade viveirense .

Coincidindo coa concentración instalarase a mesa de recollida de sinaturas pola falta de médic@s que se iniciou o pasado mes de setembro con moi boa acollida por parte da poboación de Viveiro e doutras localidades veciñas. O documento está dirixido ao conselleiro de sanidade, máximo responsable da sanidade galega e polo tanto culpable, xunto co goberno do PP da perda de servizos sanitarios que está a sufrir Viveiro e A Mariña, que levan moito tempo sen que a asistencia sanitaria esté garantida.

Segundo nos comenta Samuel Bouza, o déficit de sanitarios no centro de saúde de Viveiro non só afecta a esta localidade,” senón que se extende ás poboacións veciñas de Ourol e Vicedo, tamén moi deficitarias en servizos sanitarios estando a mobilizarse mensualmente desde hai case dous anos no caso do Vicedo, xa que é Viveiro quen ten que absorber a sobrecarga que lles supón ter que atender as urxencias destas localidades cando faltan os médicos”.

Desde a plataforma sanitaria da Mariña animamos a todas as e os veciños de Viveiro e en xeral da Mariña a que acudan a esta concentración, ubicada desde o xoves 2 de outubro na Praza do Concello e a que asinen estas demandas, pois explica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo que estamos ” diante da destrucción do nivel de atención básica, que afecta a todas as persoas poñendo en risco a súa saúde e mesmo a súa vida, pois cando os e as profesionais sanitarios non están ao completo a asistencia sanitaria non está garantida , como puido comprobarse este verán na localidade veciña de Xove”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...