InicioOccidentalViveiroViveiro paga case 500.000 euros en obrigas pendentes

Viveiro paga case 500.000 euros en obrigas pendentes

O importe inclúe facturas de recoñecemento extraxudicial por 427.600 euros e subvencións nominativas correspondentes á 2023 e 2024 por 63.400 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que, no día de hoxe, fíxose efectivo o pago de 491.000 euros correspondentes a obrigas pendentes do exercicio 2024, derivadas da xestión do anterior equipo de Goberno.

Do total da contía, 427.600 euros corresponden a facturas incluídas en recoñecemento extraxudicial de crédito, mentres que 63.400 euros están destinados a subvencións nominativas dos exercicios 2023 e 2024.

Dende o goberno municipal sublíñase que se continúa a facer fronte aos compromisos herdados, coa vontade de regularizar os pagamentos pendentes cos provedores e entidades beneficiarias, ao tempo que se avanza cara a unha xestión económica máis ordenada e sostible.

Por outra parte, o Concello de Viveiro informa de que, durante dous días, non se poderá acceder ao vaso grande da piscina municipal por mor de labores de mantemento.

As actuacións realizaranse co obxectivo de garantir a seguridade e o correcto funcionamento das instalacións.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...