InicioOccidentalViveiroViveiro celebrou a participación de Adrián Ben no Mundial de Atletismo

Viveiro celebrou a participación de Adrián Ben no Mundial de Atletismo

Decenas de veciños viron a carreira dos 1.500 metros, na que rematou oitavo, no salón de plenos da Casa do Concello

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro viviu con especial atención a participación do atleta Adrián Ben no Mundial de atletismo, competición na que acadou a oitava posición na final dos 1.500 metros. A veciñanza puido seguir en directo a carreira desde o salón de plenos da Casa do Concello, nun ambiente cargado de emoción e orgullo compartido.

A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou o sentimento común de apoio ao atleta: «Adrián é un exemplo para toda a mocidade de Viveiro e de Galicia. Estamos moi orgullosos do seu esforzo, da súa traxectoria e da súa maneira de representar o noso Concello no máis alto nivel do deporte internacional».

O Concello de Viveiro quere agradecer tamén o apoio de todas as persoas que se achegaron para vivir xuntas este momento e reitera o seu compromiso co apoio ao deporte local e ás figuras que, como Adrián Ben, son un referente para a comunidade.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...