InicioOccidentalViveiroViveiro inicia a substitución do colector de saneamento do río Loiba

Viveiro inicia a substitución do colector de saneamento do río Loiba

Os traballos inclúen a instalación dunha canalización provisional para manter o fluxo do río durante a obra, así como medidas específicas para minimizar o impacto ambiental.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de poñer en marcha as obras de substitución do colector de saneamento no ámbito do río de Loiba. O investimento é de 107.667,19 euros e o prazo máximo de execución será de dous meses.

A intervención ten como obxectivo eliminar os vertidos de augas residuais ao medio natural provocados polo deterioro da rede municipal, que superou a súa vida útil. O novo colector, que presentará un trazado alternativo e disporá de materiais máis duradeiros, permitirá garantir o correcto funcionamento do sistema de saneamento e protexer o ecosistema fluvial.

Os traballos inclúen a instalación dunha canalización provisional para manter o fluxo do río durante a obra, así como medidas específicas para minimizar o impacto ambiental.

A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou que «con esta actuación, damos un paso decisivo para mellorar a calidade ambiental do río de Loiba e da praia de Covas para protexer a saúde pública e cumprir coa normativa ambiental e sanitaria vixente».

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...