InicioOccidentalViveiroO BNG de Viveiro incorpora un novo concelleiro ao seu grupo municipal

O BNG de Viveiro incorpora un novo concelleiro ao seu grupo municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro informa da toma de posesión, no Pleno celebrado este mércores, do novo concelleiro Severino (Seve) Salgueiro, quen se incorpora ao grupo municipal nacionalista xunto a Iria Cotelo e Juan Ramón Martínez. 


O enxeñeiro de camiños, no seu primeiro discurso como concelleiro,  subliñou que “o BNG leva décadas cun proxecto coherente, sinalando de xeito claro problemas e solucións, sen agocharse cando lle toca traballar. Estou orgulloso desta equipa e aquí está o meu compromiso de continuar con este traballo, agora como concelleiro, coa confianza que supón unha organización como o BNG”.

Salgueiro tamén advertiu que Viveiro debe ter un goberno con capacidade de esixir e non que se dobre ante a Xunta do PP. Lembrou que “o BNG intensificou as demandas dos proxectos que a Xunta ten paralizados e que afogan Viveiro. Son proxectos que se reclaman desde hai décadas e polos que seguiremos loitando con firmeza”.

O edil nacionalista Juan Ramón Martínez, destacou que “Seve incorpora ilusión, experiencia e compromiso. É unha persoa formada académica e políticamente, que leva anos defendendo a Viveiro e militando no BNG dende que era mozo, e que agora, desde a corporación, reforzará o noso traballo como grupo”.

Pola súa banda, a tamén concelleira Iria Cotelo sinalou que “poder contar con Seve, agora tamén no grupo municipal, é unha garantía de reforzo político e de máis forza para continuar na defensa dos intereses de Viveiro fronte á parálise da Xunta e ante un goberno local sen proxecto nin esixencias. No BNG temos claro que o único compromiso válido é co noso pobo”.

Con esta incorporación, o BNG de Viveiro reafirma o seu compromiso de seguir traballando con seriedade, rigor e proximidade, mantendo a defensa dos servizos públicos, das infraestruturas e do futuro económico e social da comarca. 

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...

A curtametraxe feita no obradoiro de cinema con Manolo Gómez estearase o sábado 25

O Teatro Pastor Díaz será escenario este sábado, ás 19.30 horas, da estrea da...