InicioOccidentalViveiroNova concentración multitudinaria diante do centro de Saúde de Viveiro

Nova concentración multitudinaria diante do centro de Saúde de Viveiro

Esta é a primeira manifestación organizada no mes de setembro demandando un cadro de persoal completo, estable e durante toda a quenda

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña convocou unha concentración diante do Centro de Saúde de Viveiro. Esta é a primeira manifestación organizada no mes de setembro demandando un cadro de persoal completo, estable e durante toda a quenda.


Nesta ocasión o encargado de abrir o acto reivindicativo foi Samuel Fernández Bouza, veciño de Viveiro que fai parte do tecido asociativo veciñal da cidade e tamén integrante deste colectivo sanitario. Comezou agradecendo a presencia a todas as persoas que asisten habitualmente, mais tamén a aquelas que non poden vir por diversos motivos ou a aquelas que presentan reclamacións ou de xeito valente denuncia públicamente nos medios a situación sanitaria da comarca.


Explicou que durante todo este tempo, desde o mes de maio concretamente, “o pobo de Viveiro sigue a pé de rúa denunciando a situación que existe no centro de saúde e solicitando respostas e solucións por parte de quen xestiona a sanidade pública galega e a Área Sanitaria”.


Samuel deu paso a dúas mulleres que resaltaron como a xerencia “fixo oídos xordos diante das advertencias da veciñanza do caos que se aveciñaba, máxime durante o período estival, datas nas que Viveiro pode chegar aos cincuenta mil habitantes”. Denuncian un cadro de persoal médico ao 50 por cen, “sen persoal para as persoas desplazadas e con persoal de enfermería non subtituído por vacacións”.


Denunciaron que “a única “solución” da xerencia e da consellería foi reunirse con alcaldes e alcaldesas do PP para decir que a atención sanitaria estaba garantida na Mariña” e que “ían priorizar a cobertura dos centros sanitarios da Mariña, outra mentira máis que engadir ao ranking de mentiras do PP”.


Samuel Fernández concluiu o acto sinalando o comportamento do goberno actual de Viveiro e da súa alcaldesa que “correu para chegar primeira á chamada do xerente máis nin unha soa vez acudiu a acompañar ao seu pobo para defender a atención sanitaria en Viveiro”.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...