InicioOccidentalViveiroViveiro avisa a quen teña saída de garaxe en fachadas, deben solicitar...

Viveiro avisa a quen teña saída de garaxe en fachadas, deben solicitar vado

Esta medida enmárcase dentro do plan municipal para mellorar o estado das beirarrúas e ordenar o uso do espazo público, garantindo ao mesmo tempo o dereito das persoas propietarias a acceder aos seus garaxes en condicións axeitadas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa á veciñanza que dispoña de saídas de garaxe nas fachadas das súas vivendas da necesidade de solicitar o vado correspondente, de acordo coa normativa vixente.

Esta medida enmárcase dentro do plan municipal para mellorar o estado das beirarrúas e ordenar o uso do espazo público, garantindo ao mesmo tempo o dereito das persoas propietarias a acceder aos seus garaxes en condicións axeitadas.

Esta actuación enmárcase dentro dun plan máis amplo de mellora da accesibilidade, da seguridade peonil e da estética das beirarrúas, co obxectivo de facer un Viveiro máis accesible, ordenado e coidado para todas e todos.

Nas vindeiras semanas, levarase a cabo un plan de acondicionamento e mellora das beirarrúas, que incluirá, entre outras actuacións, a sinalización e protección dos accesos a garaxes que conten con vado autorizado. Contar cun vado oficial ampara legalmente o uso da entrada e permite ao Concello planificar e executar correctamente as actuacións urbanísticas, en beneficio de toda a cidadanía.

Por este motivo, faise un chamamento a todas aquelas persoas que aínda non teñan tramitado a solicitude do vado para que acudan ás oficinas municipais e regularicen a súa situación canto antes. O Concello prestará asesoramento para facilitar o proceso.

Desde o goberno local agradécese a colaboración da veciñanza neste proceso, que ten como obxectivo común a mellora do entorno urbano e a convivencia no uso do espazo público.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...