InicioOccidentalViveiroNova concentración diante do centro de saúde de Viveiro

Nova concentración diante do centro de saúde de Viveiro

O total de facultativos cos que está dotado este centro é de once, máis en períodos estivais debería ser de doce se se tivera contratado o persoal médico para as persoas desplazadas que se eliminou hai uns anos

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria da Mariña volveu organizar e convocar unha concentración diante do centro de saúde de Viveiro para denunciar o estado no que se atopa, cun total de cinco médicos de familia, o que supón que solo estaba cuberto o 45% da súa dotación.

O total de facultativos cos que está dotado este centro é de once, máis en períodos estivais debería ser de doce se se tivera contratado o persoal médico para as persoas desplazadas que se eliminou hai uns anos. Se temos en conta isto o persoal médico hoxe estaba en torno ao 40 por cento, cifra absolutamente indecente para atender á poboación que hai en Viveiro nesta tempada e que tranquilamente pode chegar a 40mil persoas, o que significaría un médico para atender a oito mil persoas.

Na mesma situación se atopa o persoal de enfermería, sen substituir nas vacacións nin no resto de permisos, sobrecargadas de traballo e con risco de enfermar física, psicolóxica e emocionalmente porque xa non poden máis. Non se entende que cinco enfermeiras atendan á totalidade da poboación de Viveiro en verán, xa que nin siquera serían suficientes para a poboación que hai en inverno.


Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña rexeitamos a xestión sanitaria que se está a realizar xa que “solo se pode entender que se faga tan mal se existe esa intención, co fin de degradar a sanidade pública para despois privatizala” – conclúe a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...