InicioOccidentalViveiroViveiro celebra este mércores un pleno ordinario

Viveiro celebra este mércores un pleno ordinario

Publicada o

- Advertisement -

A Casa do Concello de Viveiro acolle este mércores ás 19.30 horas, un pleno ordinario. Nel abordaranse cuestións como a aprobación das actas das sesións anteriores —correspondentes aos días 4 de xuño, 9 de xullo e 23 de xullo—, a toma de posesión do novo concelleiro Jesús Chao da Silva, así como o cambio de titularidade ou renovacións de concesións do cemiterio municipal. Tamén se someterá a debate a aprobación da conta xeral do exercicio 2024 e unha modificación do orzamento 2025 para facer fronte ao remanente de tesourería negativo mediante baixas de créditos (expediente 6596/2025).

Na parte declarativa incluirase unha moción presentada polo Grupo Municipal Por Viveiro para instar ao Goberno do Estado á reactivación do proxecto da Autovía A-74, coñecida como Autovía da Mariña.

A sesión pecharase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía, e a quenda de rogos e preguntas por parte dos membros da Corporación.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...