InicioOccidentalViveiroConvenio entre Xunta e Viveiro para impulsar a promoción turística

Convenio entre Xunta e Viveiro para impulsar a promoción turística

A alcaldesa Mariña Gueimunde recibiu hoxe a Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Galega de Turismo

Publicada o

- Advertisement -

A Axencia Galega de Turismo e o Concello de Viveiro veñen de asinar un convenio de colaboración para impulsar a promoción turística do municipio e contribuír á proxección da marca Galicia a través de actividades culturais e de ocio. O acordo, cun orzamento global de 188.086 euros, inclúe unha achega autonómica de 145.000 euros destinada ao desenvolvemento dunha programación de actividades que reforcen a posición de Viveiro como destino turístico sostible, cultural e atractivo ao longo de todo o ano.

Xosé Manuel Merelles, director da Axencia Galega de Turismo, presentou o convenio durante a visita que realizou esta mañá ao Concello de Viveiro. Nela foi recibido pola alcaldesa Mariña Gueimunde.

O convenio permitirá a realización de actuacións musicais e artísticas (75.599 euros), espectáculos pirotécnicos (12.100 euros), alugueiro e montaxe de escenarios e sistemas técnicos (77.198 euros), instalación de carpas (13.189 euros) e accións específicas de comunicación e difusión (10.000 euros). Estas actividades están previstas para o ano 2025.

Mariña Gueimunde destacou que «este convenio reforza a aposta estratéxica de Viveiro por un turismo baseado na nosa identidade: o patrimonio, a música, a cultura, as tradicións e a creatividade local». Ademais, engadiu que «este tipo de colaboracións son fundamentais para que concellos coma o noso poidan levar a cabo proxectos ambiciosos, dinamizar a economía local e desestacionalizar a oferta turística ao longo de todo o ano».

Este convenio consolida, ademais, unha liña de cooperación entre o Concello e a Xunta de Galicia para promover Viveiro como vila da cultura e destino de referencia no norte do país.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...