InicioOccidentalViveiroAbre o prazo para que os pequenos participen cos cabezudos nas Festas...

Abre o prazo para que os pequenos participen cos cabezudos nas Festas de Viveiro

As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo que se recomenda ás familias interesadas que fagan a inscrición canto antes para garantir a participación nesta actividade tan esperada polas crianzas e pola veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que o vindeiro luns, 4 de agosto, abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as Festas Patronais, do 11 ao 15 de agosto.

A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día.

A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos e nenas.

As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo que se recomenda ás familias interesadas que fagan a inscrición canto antes para garantir a participación nesta actividade tan esperada polas crianzas e pola veciñanza.

O Concello agradece, unha vez máis, a gran acollida desta tradición que cada ano enche de alegría as rúas de Viveiro.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...