InicioOccidentalViveiroAdrián Ben pregoeiro das Festas de San Roque en Viveiro 2025

Adrián Ben pregoeiro das Festas de San Roque en Viveiro 2025

O acto do pregón terá lugar o xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal

Publicada o

- Advertisement -

O atleta viveirense Adrián Ben será o encargado de dar o pistoletazo de saída ás Festas de San Roque de Viveiro 2025. Fillo predilecto do Concello desde o ano 2022 e embaixador da vila por todo o mundo, Adrián asumirá este ano a honra de pronunciar o pregón co que se abrirán oficialmente unhas festas que encherán, unha vez máis, as rúas de bo ambiente, tradición e música.

A elección de Adrián Ben como pregoeiro supón un recoñecemento á súa brillante traxectoria deportiva, pero sobre todo ao seu gran papel como embaixador viveirense por todo o mundo.

O acto do pregón, que terá lugar na Biblioteca Pública Municipal o xoves 14 de agosto, ás 19:30 horas, será o primeiro gran momento dunhas festas que contarán cun cartel musical de luxo, encabezado por De Ninghures, Azúcar Moreno e Dasoul, ademais doutras actividades para todos os públicos que se anunciarán proximamente.

Desde a Comisión apuntan que Adrián “trátase dunha figura querida, admirada e representativa dos valores que definen aos viveirenses: o esforzo, a humildade e o orgullo de pertencer a esta vila. É un exemplo para todos os pequenos e pequenas que non só se inician no atletismo, senón en todos os deportes”.

Adrián Ben, un atleta internacional de Viveiro

Adrián Ben é un dos grandes referentes do atletismo español na modalidade de medio fondo. Especialista nos 800 metros lisos, proclamouse campión de Europa en pista cuberta en 2023 e foi finalista en dous Mundiais e uns Xogos Olímpicos. A súa constancia, talento e carácter competitivo convertérono nun habitual das grandes citas internacionais, sempre levando con el o nome de Viveiro.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...