InicioOccidentalViveiroViveiro convoca dous plenos sobre orzamentos e aparcadoiros

Viveiro convoca dous plenos sobre orzamentos e aparcadoiros

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, subliña a importancia destas sesións para garantir a continuidade e eficiencia da xestión municipal e reforzar os mecanismos de servizo público, transparencia e responsabilidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 23 de xullo, dúas sesións plenarias de carácter extraordinario. Ambas terán lugar no Salón de Sesións da Casa Consistorial e abordarán temas clave para o funcionamento municipal e a xestión da sociedade pública “Aparcamentos A Mariña S.L.”.

A primeira sesión terá lugar ás 19:15 horas e corresponderá á Xunta Xeral da sociedade “Aparcamentos A Mariña S.L.”, entidade de capital integramente municipal. Na orde do día inclúese a aprobación da acta da sesión anterior e varios puntos relativos á adaptación e corrección estatutaria: a adaptación ao euro e a modificación do artigo 5 dos estatutos, o cal implicará unha redución do capital social. Tamén se someterá a votación a elevación a público dos acordos adoptados.

Ás 19:30 horas celebrarase o Pleno extraordinario da Corporación, no que se someterán a debate e aprobación os seguintes asuntos, aprobación dos orzamentos municipais para 2025 e a correspondente plantilla de persoal. Aprobación das novas tarifas para o servizo de taxi no termo municipal. Por último, a toma en consideración da renuncia da concelleira Miriam Bermúdez García.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, subliña a importancia destas sesións para garantir a continuidade e eficiencia da xestión municipal e reforzar os mecanismos de servizo público, transparencia e responsabilidade.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...