InicioOccidentalViveiroviveiro.gal, a nova web do Concello de Viveiro

viveiro.gal, a nova web do Concello de Viveiro

O enderezo viveiro.gal, inclúe, entre outras, a sede electrónica, o portal de emprego e a sección de actualidade

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro vén de estrear a súa nova web. No enderezo viveiro.gal, contén, ademais da sección de actualidade, outras opcións como a sede electrónica, o portal de emprego ou unha pestana na que se inclúen todos os servizos que ofrece o concello.

Cun deseño responsive, a nova web do Concello de Viveiro fai fincapé na accesibilidade, na transparencia e na actualización constante dos seus contidos. Un dos obxectivos marcados é o de dar o mellor servizo aos cidadáns, polo que tamén incluirá as actas dos plenos, a posibilidade de tramitar xestións online ou un enlace directo ao portal viveiroturismo.com para que tanto a veciñanza como os visitantes poidan coñecer de primeira man os atractivos da vila e da comarca.

A alcaldesa Mariña Gueimunde afirma que «a nova web do Concello é unha mostra máis do compromiso que temos coa transparencia, a proximidade e o diálogo. Con ela, queremos mellorar os servizos públicos, apoiar os nosos tecidos económico e social e poñer en valor o noso patrimonio e tradicións».

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...