IniciosociedadeCentos de persoas protestan no centro de saúde de Viveiro por un...

Centos de persoas protestan no centro de saúde de Viveiro por un déficit de facultativos “próximo ao 50 %” da dotación

Critican as "mentiras do PP" en relación ás listas de espera.

Publicada o

- Advertisement -

Centos de persoas se concentraron este xoves ante o centro de saúde de Viveiro, para protestar contra a falta de médicos na comarca da Mariña e para “desmontar as mentiras do PP”. Trátase dunha convocatoria da Plataforma Sanitaria da Mariña co lema ‘Pola Resurrección da nosa Sanidade’, na que tamén participaron responsables de BNG e PSdeG, para clamar contra a xestión do Servizo Galego de Saúde (Sergas) por parte da Xunta que “pon en risco” e “provoca sufrimento” na poboación.

No transcurso da concentración, presentouse unha folla informativa para “desmontar as mentiras” do PP, entre as cales aluden á “eliminación” da área sanitaria –na reforma de 2017 integrouse a da Mariña na de Lugo– porque negan que isto supuxese melloras na atención. De acordo coa plataforma, a comarca está sumida nun “caos sanitario” que provoca que en Viveiro o déficit de facultativos, tamén de pediatras, sexa “próximo ao 50 % da súa dotación”. Tamén os veciños de Ourol e O Vicedo atravesan “situacións moi difíciles en canto á cobertura” de profesionais.

Isto provoca, tal e como relata, que haxa esperas de varios días para conseguir unha cita en atención primaria, ao que hai que sumar que as demoras para un especialista no hospital de Burela superan a media de Galicia. Precisamente, a xunta de persoal do citado hospital promove protestas diarias polo mesmo motivo, unhas convocatorias que continúan a pesar da reunión mantida o pasado venres co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, quen prometeu medidas.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...