InicioOccidentalViveiroPresentan a programación das Letras galegas en Viveiro: "As cantareiras e a...

Presentan a programación das Letras galegas en Viveiro: “As cantareiras e a poesía popular oral”

As actividades comezarán este sábado coa representación da obra «Fala fala falangueira»

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presenta a programación das Letras Galegas baixo o lema «As cantareiras e a poesía popular oral»

  • As actividades comezarán este sábado coa representación da obra «Fala fala falangueira»

O Concello de Viveiro vén de presentar o programa de actividades das Letras Galegas. Baixo o lema «As cantareiras e a poesía popular», inclúen iniciativas de teatro, música e lectura. A primeira delas, a representación da obra «Fala fala falangueira», terá lugar este sábado, ás seis da tarde, no Teatro Pastor Díaz. A entrada é de balde ata completar o aforo.

«Fala fala falangueira» será representada por Matrioska Teatro. Será dirixida por Gena Baamonde e contará coa interpretación de Chelo do Rejo e Anabell Gago, dúas das fundadoras da compañía.

O venres 16 terá lugar «Das pandeireteiras de Mens ás Tanxugueiras. Ler conta moito» na Biblioteca Municipal. Será ás seis da tarde, dirixida a público familiar, e a entrada será de balde ata completar o aforo. Os interesados poden reservar a súa localidade no número de teléfono 982 570 606.

O sábado 17, Día das Letras Galegas, David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro, interpretará o himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal. Despois actuarán os grupos infantil e xuvenil de Bágoas na Terra, o coro infantil do Colexio Lois Tobio de Viveiro e a coral polifónica Alborada de Viveiro. No caso de que chova, o acto trasladarase ao Teatro Pastor Díaz.

Por último, o sábado 23, a Biblioteca Municipal será escenario da actividade «Bibliocanta. Eduvías. Ler conta moito» ás seis da tarde. A entrada será de balde ata completar o aforo e os interesados poden reservar a súa localidade no número de teléfono 982 570 606.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...