InicioOccidentalViveiroViveiro e a Xunta deseñan un proxecto para recuperar o Souto da...

Viveiro e a Xunta deseñan un proxecto para recuperar o Souto da Retorta

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e a Xunta de Galicia deron forma esta mañá ao proxecto para rexenerar o Souto da Retorta, espazo senlleiro da parroquia de Chavín que, por motivos de seguridade, permanece pechado e co acceso restrinxido. Na actualidade, conta con 270 exemplares de eucalipto e é un dos principais reclamos turísticos do Concello. Pero, para previr accidentes, algunhas das árbores máis deterioradas terán que ser substituídas por outras que serán de razas autóctonas como ameneiros.

O proxecto para rexenerar o Souto da Retorta levarase a cabo en dúas fases. Contará cunha licitación complexa e, se a climatoloxía o permite, os traballos poderían comezar a finais do verán, concretamente, en setembro.

A intervención no Souto da Retorta será deseñada e executada co maior coidado, xa que, ademais de tratarse dun espazo senlleiro e de referencia en Viveiro, é de difícil acceso. Por todo iso, levarase a cabo un estudio xeotécnico para evitar potenciais colapsos e para calibrar as condicións do acceso da maquinaria pesada que levará a cabo as labores de rexeneración á zona.

O Avó, fóra de risco

O Avó, o eucalipto máis groso e característico do Souto da Retorta –e o máis susceptible de recibir as apertas dos visitantes–, non corre risco. Pese a iso, será obxecto das atencións necesarias, como as que se levaron a cabo cando foi cercado para evitar que o chan do seu redor fose pisado e se dificultase a súa respiración.

Na xuntanza celebrada esta mañá, na que se esbozaron as liñas mestras da actuación, estiveron presentes Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Tomás Fernández Couto, subdirector xeral de Patrimonio Natural; Jesús Montouto, delegado territorial de Medio Ambiente na provincia de Lugo; Martín Vale, tenente de alcaldesa de Viveiro; Vicente Vázquez Chao, concelleiro de Obras de Viveiro; María Loureiro, voceira do PSOE de Viveiro; Míriam Bermúdez, voceira do BNG de Viveiro; e Manuel Galdo, concelleiro de Por Viveiro.

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...