InicioOccidentalViveiroGueimunde denuncia "o nulo investimento" da Deputación en Viveiro"

Gueimunde denuncia “o nulo investimento” da Deputación en Viveiro”

A alcaldesa de Viveiro espera que a promesa dun millón de euros non quede nunha manobra electoral

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, transcorrido un mes e medio da moción de censura na que se produciu o relevo no Goberno municipal, pídelle á Deputación Provincial altura de miras institucional. A alcaldesa Mariña Gueimunde manifesta que «pasan as semanas e estamos preocupados polo nulo investimento nas estradas provinciais do noso concello, o terceiro máis importante de Lugo». Unha circunstancia que ven acompañada, segundo explica a rexedora, «porque tampouco temos novas do millón de euros que José Tomé, presidente da Deputación, prometeu a todos os viveirenses uns días antes da moción de censura».

A alcaldesa de Viveiro lembra que «María Loureiro, a anterior alcaldesa, é agora asesora adscrita á Presidencia na Deputación. Estamos desexando que demostre a súa capacidade para atraer inversións ao noso Concello. Aínda que, polo de agora, estamos vendo que a súa influencia non é o suficientemente importante para que, cando menos, se anuncien melloras nas estradas provinciais de Viveiro. Moitas desas vías atópanse nun estado deplorable».

Acerca das inversións pendentes, Mariña Gueimunde espera que «o anuncio que José Tomé fixo a mediados de febreiro dun millón de euros por parte da Deputación no noso Concello non fose simplemente unha ferramenta partidista a través dunha administración pública para tentar influír nas negociacións que se estaban levando a cabo de cara á moción de censura do 7 de marzo».

A rexedora recoñece que «nese millón de euros que se prometeu aos nosos veciños non irá a partida das estradas, pero, aínda así, seguimos esperando por eles, porque o presidente da Deputación non aclarou a que catro proxectos facía referencia dentro desa cantidade, pero si que os describiu como actuacións suficientemente importantes».

ÚLTIMAS

Mario Pillado: “Os que temos obrigas públicas debemos combater o discurso do odio”

-Cal foi a orixe destes premios contra a discriminación racial desde o Concello de...

Sanidade asinará un protocolo para ampliar o centro de saúde de Foz

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantivo este pasado martes unha reunión de traballo...

Acusan de “transfondo político” as concentracións diante do Hospital de Burela

A dirección do Distrito Sanitario da Mariña asegura que, coa súa petición realizada o...

Constitúen a Comisión de Comercio de ACISA Ribadeo

En Acisa Ribadeo quedou constituída a comisión de comercio, que terá como obxectivos analizar...