A exconcejal de Igualdade en Viveiro, Lara Fernández-Noriega, decidiu presentar a súa dimisión e renunciar á súa acta como edila no Concello, unha renuncia que se fará efectiva o vindeiro luns 21 de abril, segundo informou a agrupación socialista viveirense.
Nun comunicado, o PSOE de Viveiro trasladou que “se produciu un altercado no ámbito privado dunha parella”, que adquiriu repercusión pública debido a que unha das persoas implicadas, Lara Fernández, ostentou responsabilidades no goberno local e actualmente é concelleiro na oposición.
“Ela mesma, de maneira responsable, decidiu presentar a súa dimisión e renunciar á súa acta de concelleira, que se fará efectiva o vindeiro luns 21 de abril, asumindo así as consecuencias públicas derivadas deste feito”, sinalan os socialistas.
A agrupación socialista condenou “con firmeza” o “linchamento social e mediático” que, sinalan, está a sufrir Lara Fernández, por uns feitos ocorridos no ámbito “estritamente persoal” e apuntaron que o sucedido “en ningún caso debe ser utilizado con fins sensacionalistas nin politizado por intereses alleos”.
Segundo lembraron, “as persoas teñen dereito á súa intimidade e á súa protección”, especialmente cando xa tomaron decisións nun “exercicio de responsabilidade”, e aclararon que “o partido en ningún momento exerceu presión algunha sobre medios de comunicación para evitar a publicación da noticia”.
O PSOE de Viveiro quixo agrader “profundamente” a Lara Fernández os seus traballo “desinteresado e altruísta”, tanto no seo do partido como no Concello, onde puxo en marcha políticas vinculadas coa cultura, a igualdade, o benestar social e a defensa dos dereitos das mulleres, “sen recibir remuneración económica”.
Finalmente, os socialistas reiteraron o seu rexeitamento a “calquera forma de violencia”, “sen matices nin excepcións” e pediron actuar “con rigor, respecto e responsabilidade” cando estes feitos afectan á vida privada das persoas, antes de volver reclamar respecto pola intimidade de Fernández-Noriega e “que se deixe de instrumentalizar politicamente un feito persoal que xa tivo consecuencias públicas”.
Fernández Noriega e a súa parella foron detidos hai varias semanas por unha pelexa nun local de lecer nocturno que rexentan en Viveiro. Tras pasar a disposición do xulgado, acordouse a súa posta en liberdade sen medidas, e ambos están investigados, nun caso por violencia de xénero e no outro por violencia doméstica, con resultado de lesións.