InicioOccidentalViveiroA exconcelleira de Igualdade de Viveiro e a súa parella investigados por...

A exconcelleira de Igualdade de Viveiro e a súa parella investigados por violencia doméstica e violencia de xénero, respectivamente

Publicada o

- Advertisement -

exconcelleira de Cultura e Igualdade de Viveiro (Lugo), Lara Fernández-Noriega, e a súa parella está investigados por un delito de violencia doméstica e un delito de violencia de xénero con resultado de lesións, segundo confirmaron fontes xudiciais.

Ambos foron detidos pola Policía Nacional fai un par de semanas, tras protagonizar unha pelexa nun local de lecer nocturno que rexentan en Viveiro. O pasado 1 de abril pasaron a disposición do xulgado de instrución número 2 de Viveiro, en funcións de garda, que acordou a súa posta en liberdade sen medidas. Ambos están investigados, nun caso por un delito de violencia doméstica e, no outro, por violencia de xénero, con resultado de lesións.

As mesmas fontes xudiciais ratificaron que os dous se denunciaron mutuamente, polo que ambos teñen a condición de denunciante e investigado/a. Lara Fernández-Noriega foi responsable de Cultura e Igualdade no anterior goberno municipal de Viveiro, dirixido por María Loureiro, ata que unha moción de censura outorgou a alcaldía ao PP. Desde entón, Fernández-Noriega permanece na corporación como edila do grupo socialista, na oposición.

O PSdeG trasladou nas últimas horas a súa “máis firme condena” a calquera forma de violencia, “especialmente á violencia de xénero e á violencia no ámbito doméstico”, e sinalou que debe ser a propia Lara Fernández-Noriega a que dea as explicacións oportunas e asuma as responsabilidades que correspondan.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...